Concentración para reclamar o indulto a Carlos e Serafín

Xoves 19 Xaneiro 2017 20:00h Vigo

As centrais CIG, CCOO e UGT convocan unha nova concentración en Vigo este xoves 19 para reclamar o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar na folga provincial do transporte de 2008. O acto solidario terá lugar diante do Museo de Arte Contemporánea (Marco) ás 20.00 horas.


Volver