Concentración da área pública da CIG

Mércores 25 Xaneiro 2017 12:00h Pazo do Hórreo. Compostela

A área pública da CIG (Administración Pública, Ensino e Saúde) ten convocada unha concentración en defensa dos servizos públicos e pola recuperación dos dereitos laborais e salariais do persoal da Xunta de Galiza.

A protesta vaise realizar diante do Parlamento Galego, coincidindo co pleno ordinario no que se tratarán os orzamentos da Xunta para o ano 2017.


Volver