Documento


Prestacións por desemprego

As prestacións por desemprego

 

Normativa:

Lei Xeral da Seguridade Social. Real decreto lexislativo 8/2015

Real decreto 625/1985, do 2 de abril, polo que se desenvolve a Lei 31/1984, do 2 de agosto, de protección por desemprego.

Lei Xeral da Seguridade Social 1/1994 (en vigor ata o 02/01/2016)

 

 

A prestación por desemprego é unha prestación contributiva. Percíbese tras a perda involuntaria do traballo, e é un dereito das traballadoras e traballadores xerado a través da cotización mensual a desemprego que recada a Tesourería Xeral da Seguridade Social como ente administrador do sistema. O organismo público que ten asinada a tarefa de recoñecer o dereito e ingresar as cantidades é o SEPE (servizo público de emprego estatal).

Esta prestación inclúe a cotización á Seguridade Social por xubilación, incapacidade temporal, invalidez, morte e supervivencia, asistencia sanitaria, maternidade, paternidade e coidado de menores afectados/as por cancro ou outra enfermidade grave.

1. Requisitos para xerar o dereito a prestación

Estar afiliado/a e en situación de alta ou asimilada á alta na Seguridade Social nun réxime que considere a continxencia por desemprego, é dicir, que cotice a desemprego.

Estar en situación legal de desemprego, é dicir, inscribirse como demandante de emprego.

Estar inscrito/a e manter a inscrición como demandante de emprego durante todo o período de percepción, facendo a renovación da tarxeta en tempo e forma (moi importante!).

Ter traballado e cotizado a desemprego polo menos 360 días dentro dos 6 anos anteriores á situación legal de desemprego. Se é traballador/a eventual agrario que de forma inmediatamente anterior figurou de alta en Seguridade Social como traballador/a autónomo ou por conta propia, o período mínimo de cotización necesario para o acceso á prestación por desemprego será de setecentos vinte días.

Non ter feito a idade ordinaria para se xubilar.

Non realizar unha actividade por conta propia ou traballo por conta allea a tempo completo, agás compatibilidade establecida por un programa de fomento de emprego.

Non cobrar unha pensión da Seguridade Social incompatible co traballo.

Débese ter en conta:

Se o traballador ou traballadora interrompeu o cobramento dunha prestación contributiva para traballar ese último período dun ano ou máis, poderá elixir entre continuar a prestación que suspendeu ou cobrar a nova que xerou. Isto é o chamado dereito de opción.

Se para traballar o último período dun ano ou máis, interrompeu o cobramento dun subsidio por desemprego, deberá solicitar a nova prestación por desemprego.

2. Duración e contía da prestación

A duración calcúlase en función das cotizacións realizadas por desemprego nos últimos 6 anos, sempre que non se tivesen en conta para unha prestación anterior, tanto de nivel contributivo como asistencial.

A situación legal de desemprego e o nacemento do dereito ás prestacións producirase cando transcorra o devandito período de vacacións, sempre que se solicite dentro do prazo dos quince días seguintes á súa finalización.

Cando as cotizacións acreditadas correspondan a traballo efectivo nos casos de redución de xornada, cada día traballado computarase como día cotizado calquera que fose a duración da xornada. Se as cotizacións corresponden a un traballo a tempo parcial, terase en conta a duración do contrato ou da actividade.

Se se esgota unha prestación contributiva para eventuais agrarios non se ten dereito a percibir ningún tipo de subsidio.

Contía da prestación:

Estará en función da base reguladora que teña o traballador.

A base reguladora diaria é a suma das bases de cotización dos últimos 180 días, a tempo completo ou parcial, cotizados á Seguridade Social pola continxencia de desemprego (base de accidentes de traballo e enfermidades profesionais) dividida entre 180.

Os 180 primeiros días de prestación cobrarase o 70 % da base reguladora e a partir do 181, o 50 % da devandita base.

En ningún caso a contía da prestación poderá ser inferior ao 80 % do IPREM incrementado en 1/6, cando o traballador non teña fillos a cargo, e ao 107 %, cando o traballador teña, polo menos, un fillo a cargo.

A contía da prestación ten como límite o 175 %, o 200 %, ou o 225 % do indicador público de rendas múltiples (IPREM), incrementado nun sexto, segundo se careza de fillos ou se teña 1 fillo, 2 ou máis fillos, respectivamente.

No caso de desemprego pola perda dun traballo a tempo parcial, o importe mínimo ou máximo estará en función do número de horas traballadas durante o período dos 180 últimos días cotizados.

A prestación estará suxeita, se é o caso, a descontos de Seguridade Social e do IRPF.

A entidade xestora (Servizo Público de Emprego Estatal ou ISM) ingresará as cotizacións á Seguridade Social por continxencias comúns e, nos supostos de suspensión ou redución de xornada, ingresará a achega do traballador por todas as continxencias.

 

DÍAS COTIZADOS MESES PARO

De 360 a 539 días 4 meses

De 540 a 719 días 6 meses

De 720 a 899 días 8 meses

De 900 a 1.079 días 10 meses

De 1080 a 1.259 días 12 meses

De 1.260 a 1.439 días 14 meses

De 1.440 a 1.619 días 16 meses

De 1.620 a 1.799 días 18 meses

De 1.800 a 1.979 días 20 meses

De 1.980 a 2.159 días 22 meses

De 2.160 en adiante 24 meses

*Os 6 primeiros meses percíbese o 70% da base reguladora e os restantes o 50%.

 

S.M.I. 2018: 739.90€ IPREM 2018: 537,84€

 

Contía mínima da prestación por desemprego 2018.

Sen fillos/as 501,98€

1 fillo/a ou máis 671,40€

 

Contía máxima da prestación por desemprego 2018.

Sen fillos/as 1.098,09€

1 fillo/a 1.254,96€

2 fillos/as ou máis 1.411,83€

 

3. Procedemento para solicitar a prestación

O primeiro paso para poder solicitar a prestación e pedir cita, vía telemática, nas ligazóns que se achegan podes acceder directamente a páxina do SEPE e facer os diferentes trámites.

 

Solicitar cita previa no SEPE:

https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=proce_ciudadanos/cita_previa.html

 

Facer unha simulación da prestación:

https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=/proce_ciudadanos/autocalculo_prestacion.html

 

Consultar datos e recibo da prestación:

https://sede.sepe.gob.es/portalSedeEstaticos/flows/gestorContenidos?page=sv00B

 

Dar de baixa a prestación:

https://sede.sepe.gob.es/portalSedeEstaticos/flows/gestorContenidos?page=sv01A

4. Prestación cando a cotización é inferior a un ano, axuda familiar

Se traballaches menos dun ano, podes acceder a un subsidio por desemprego, pero hai que ter en conta que a duración está en función do número de meses cotizados e de se tes ou non responsabilidades familiares.

Os requisitos:

Estar desempregado ou desempregada e en situación legal de desemprego.

Estar inscrito/a como demandante de emprego, manter a devandita inscrición durante todo o período de percepción e subscribir o compromiso de actividade.

Ter cotizado nun réxime da Seguridade Social que considere a continxencia de desemprego polo menos 3 meses se tes responsabilidades familiares, ou 6 meses se non as tes, e non ter cuberto o período mínimo de cotización de 360 días para ter dereito a unha prestación contributiva.

Carecer de rendas calquera natureza superiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional, excluídas a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias . As rendas computaranse polo seu rendemento íntegro ou bruto. O rendemento que proceda de actividades empresariais, profesionais, agrícolas, gandeiras ou artísticas, computarase pola diferenza entre os ingresos e gastos necesarios para a súa obtención. As ganancias patrimoniais computaranse pola diferenza entre as ganancias e as perdas patrimoniais.

 

Para ter acceso a solicitude desta prestación podes consultar o enlace seguinte:

https://www.sepe.es/contenidos/ga/personas/prestaciones/quiero_cobrar_paro/he_trabajado_menos_un_ano.html

 

4.1 Duración

Está en función do número de meses cotizados e de se o traballador ou traballadora ten ou non responsabilidades familiares.

No suposto de que teñas responsabilidades familiares:

3, 4 ou 5 meses, se cotizaches 3, 4 ou 5 meses, respectivamente.

21 meses, se cotizaches 6 ou máis meses (neste suposto, o dereito recoñecerase por seis meses, prorrogables por iguais períodos ata a súa duración final).

No suposto de que non teñas responsabilidades familiares, 6 meses se cotizaches 6 ou máis meses.

A duración do subsidio, no caso de persoas traballadoras fixas descontinuas, será equivalente ao número de meses cotizados por desemprego no ano anterior á solicitude.

As cotizacións que serviron para o nacemento deste subsidio non poderán terse en conta nunha situación legal de desemprego posterior, para o recoñecemento dun novo dereito a prestación de nivel contributivo ou asistencial, é dicir, ese tempo cotizado non suma para xerar desemprego.

A contía mensual do subsidio por desemprego é igual ao 80 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

 

Contía 2018:

IPREM 537,84€

80% IPREM 430,27€

 

No caso de desemprego por perda dun traballo a tempo parcial, a contía percibirase en proporción ás horas previamente traballadas.


Arquivos:


Volver